Se me toca morrer
Translated to Galician by @miguel_scoresbySe me toca morrer,
quero que vivas
e contes a miña historia,
e vendas as miñas cousas,
e merques un corte de tea
e unhas cordas,
(que sexa branco, de cauda longa)
para que en Gaza un rapaz
mirando ao ceo á cara
esperando polo pai morto nunha chama
(e non se despediu, non lle deu tempo
nin do seu corpo sequera,
nin de si mesmo)
poida ver o papaventos,
ese papaventos meu, por ti feito
voando alto
e poida crer por un momento
que devolvendo amor
alí hai un anxo
Se me toca morrer,
que dea esperanza,
que sexa unha historia.